mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A empresa ten a obriga de comunicarlle á Mutua as baixas e altas médicas derivadas de continxencias comúns presentando:

Exemplares correspondentes ao INSS ou Mutua e empresa. Este último debe notificarse a través do Sistema Rede e a dita comunicación debe realizarse nos 5 días seguintes.

Durante o período que dure a Incapacidade Temporal, o traballador debe recoller semanalmente os Partes de Confirmación e presentalos na Mutua.

A presentación dos partes de baixa, alta e partes de confirmación enviados polo Sistema Rede non exime da presentación na Mutua dos exemplares correspondentes ao INSS ou Mutua; os cales son necesarios para o seguimento do proceso.

mutua gallega leva a cabo un seguimento de todos os accidentados que se encontren en situación de Incapacidade Temporal.

Cando o médico encargado do seguimento do proceso o considere oportuno realizaranse as probas complementarias e as actuacións sanitarias necesarias, sempre co consentimento do traballador. En caso necesario colaborarase cos médicos do Servizo Público de Saúde ou realizaranse actuacións perante a inspección médica.
 
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.