mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Descargar dosier Centro de Rehabilitación
A Rehabilitación supón o tratamento e adestramento do paciente co obxecto de que este acade a súa máxima capacidade para realizar unha vida normal desde o punto de vista físico, psicolóxico e social. As nosas instalacións propias foron dotadas coas máis avanzadas e completas técnicas de recuperación.

A área terapéutica está dividida nas seccións de:

  • Cinesiterapia, cun ximnasio de grande amplitude que conta con aparataxe de: rodas de ombreiro, gaiola de Rocher, ramplas, espaleiras, bicicletas, bancos de Colson, etc.
  • Hidroterapia ,cos distintos tipos de baños parciais: lodos, paralodos, parafinas, baños de remuíño e de contraste e baños totais: galvánicos, tanque de Hubber, ducha escocesa, piscina climatizada, etc.
  • Unha sección de traccións vertebrais, con mesas eléctricas de tracción.
    • Electroterapia, cos habitáculos para a aplicación de infravermellos, cámaras de Bier, ultravioletas, ondas curtas, microondas, ultrasóns, correntes analxésicas e de estimulación, camas de presión, campos magnéticos, láser, técnicas de feedback, etc.
  • Terapia Ocupacional , cunha sala de valoración e outra de actividades: cerámica, carpintería, traballos de arame, cestería, teares, macramé, pinturas e xogos terapéuticos, billar, ping-pong, damas, etc., co obxecto de adestrar e adaptar ao lesionado para a súa reincorporación laboral.
  • Acupuntura , utiliza a enerxía do paciente cun triplo obxectivo: acadar o retorno ao estado normal, "inmunizar" ao individuo e proporcionarlle a máxima resistencia. Diríxese principalmente a certas enfermidades:
    • Reumatismos e neuralxias
    • Trastornos do sono
    • Enurese
    • Alerxias
    • Pequenos estados de síndrome depresivo
    • Durante o embarazo, a acupuntura permite combater as náuseas, os vómitos e a ansiedade. Tamén pode acelerar a dilatación do colo do útero durante o parto.
    • Alcoholismo, toxicomanía e tabaquismo. Axuda nos procesos de desintoxicación e deshabituación.
    En cada centro asistencial propio existen unhas unidades de recuperación para a atención aos lesionados cuxa patoloxía non esixa o seu traslado aos Servizos Centrais.
   
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.