mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Tras a publicación no BOE o pasado 23 de marzo de 2007 da LEI ORGÁNICA 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a mutua galega encárgase da xestión e trámite das prestacións por risco durante o embarazo e a lactación natural de autónomas e traballadoras de empresas afiliadas a esta entidade.

O risco durante o embarazo e a lactación natural son situacións nas que se encontran as traballadoras embarazadas e en período de lactación natural durante o período de suspensión do contrato de traballo nos supostos que debendo cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado nos termos previstos no Art. 26. 2 e 3 da Lei 31/1995 do 8 de novembro de prevención de riscos laborais, ao influír o traballo negativamente na súa saúde, a do feto ou a do lactante, o devandito cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non se poida esixir por motivos xustificados.

Para a solicitude da prestación, conforme o disposto no R.D. 295/2009, a documentación que se require é a seguinte:

PRESTACIÓN POR RISCO DURANTE O EMBARAZO, DOCUMENTACIÓN:

En primeiro lugar deberá presentar, nalgunha das oficinas de mutua galega, debidamente cubertar, a solicitude de emisión de certificación médica. Descárguea aquí xunto coa solicitude de certificación deberá presentar a seguinte documentación:

1.- Informe médico do facultativo do servizo público de saúde facendo constar:
- Tempo de embarazo.
- Data aproximada de parto.
- Situación clínica
2.- Declaración empresarial ou da traballadora por conta propia sobre posto de traballo e risco.
Descárguea aquí
3.- Copia da Avaliación inicial e específica do posto de traballo.
4.- Fotocopia do DNI
5.- A mutua valorará entón a emisión do certificado médico sobre a situación de risco.


Unha vez a mutua emita o certificado médico de risco poderá solicitar a concesión da prestación por Risco durante o embarazo presentando a seguinte documentación:

6.- Declaración da empresa de suspensión do contrato. Descárguea aquí
7.- Solicitude de prestación por risco durante o embarazo. Descárguea aquí
8.- Fotocopia do DNI . (En caso de non o presentar con anterioridade).
9.- Certificado de empresa da base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato
Descárgueo aquí ou boletíns de cotización dos 6 meses anteriores ao cesamento da actividade se é vostede autónoma.
10.- Declaración de situación de actividade (só para as autónomas).
Descárguea aquí
11.- Modelo 145. de comunicación de datos ao pagador. Descárgueo aquí.

PRESTACIÓN POR RISCO DURANTE A LACTACIÓN, DOCUMENTACIÓN:

En primeiro lugar deberá presentar, nalgunha das oficinas de mutua galega, debidamente cumplimentar, a solicitude de emisión de certificación médica . Descárguea aquí Xunto coa solicitude de certificación deberá presentar a seguinte documentación:

1.- Informe médico do facultativo do servizo público de saúde facendo constar:
- Alimentación do recén nacido.
2.- Declaración empresarial ou da traballadora por conta propia sobre posto de traballo e risco. Descárguea aquí
3.- Copia da Avaliación inicial e específica do posto de traballo.
4.- Fotocopia do DNI
5.- Libro de familia
6.- A mutua valorará entón a emisión do certificado médico sobre a situación de risco.

Unha vez a mutua emita o certificado médico de risco poderá solicitar a concesión da prestación por Risco durante a lactación presentando a seguinte documentación:

7.- Declaración da empresa de suspensión do contrato. Descárguea aquí
8.- Solicitude de prestación por risco durante o embarazo. Descárguea aquí
9.- Fotocopia do DNI . (En caso de non o presentar con anterioridade).
10.- Certificado de empresa da base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato Descárgueo aquí ou boletíns de cotización dos 6 meses anteriores ao cesamento da actividade se é vostede autónoma.
11.- Declaración de situación de actividade (só para as autónomas). Descárguea aquí
12.- Modelo 145. de comunicación de datos ao pagador . Descárgueo aquí.

   
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.