mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

mutua gallega foi creada especificamente  para prestar servizos especializados ao mundo do traballo, entendendo que o accidente laboral ha de ser concibido como un todo único, integral, en cuxo estudo e tratamento hai que actuar nos niveis Preventivo, Asistencial e de Rehabilitación.

En consecuencia mutua gallega:

  • Desenvolve actividades de asesoramento en prevención de riscos laborais nas empresas asociadas.
  • Desenvolve servizos de asistencia médica e asistencial.
  • Dispón de servizos de asistencia social para os traballadores.
  • Nos casos que é necesario pon a disposición dos accidentados os servizos de psicoloxía clínica e de rehabilitación.
  • Ofrece axudas para aqueles traballadores accidentados, as súas familiares ou beneficiarios que se encontren en situación de especial necesidade.

A  historia e o desenvolvemento da actividade de mutua gallega esténdese principalmente entre as empresas da comunidade autónoma de Galicia pero dende hai anos o seu ámbito de actuación é nacional e dispón de infraestrutura propia nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Cantabria, Castela e León, Illas Canarias e Valencia, así como unha ampla rede de axentes.

A aposta estratéxica de mutua gallega pola mellora continua, pola calidade de servizo e por unha xestión eficaz e profesional permitiunos ir crecendo en servizos, recursos técnicos e humanos, e en empresas asociadas. Damos servizo a máis de 207.000 traballadores protexidos, pertencentes a máis de 38.000 empresas asociadas das cales o 57 % teñen cuberta a prestación económica por incapacidade temporal por continxencias comúns. Ademais, prestamos cobertura a 56.000 traballadores por conta propia dos que 16.500 teñen cuberta a prestación por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Contamos con máis de 50.000 m² en instalacións sanitarias e administrativas; unha rede propia con 38 Oficinas e Centros Asistenciais, dotados todos eles, cos máis avanzados medios técnicos, sen esquecer os concertos coas mellores clínicas e centros sanitarios en todas as Comunidades Autónomas. Así, un dos piares básicos da relación cos nosos asociados é a proximidade física ás empresas, que nos permite ofrecer e garantir uns servizos profesionais mellores e máis próximos.

O labor da Mutua pasa ineludiblemente por realizar unha xestión eficaz e profesional, cun trato persoal e directo ás empresas asociadas e aos seus traballadores. Profesionalidade, calidade e eficiencia serían as tres calidades polas que se distinguiu a nosa actuación ao longo destes 50 anos. Todas as actividades que desenvolve fanse dun xeito integral, que comeza co labor de Prevención de Riscos Laborais, pasando, en caso de requirirse, pola Asistencia Médica e Hospitalaria e a orientación e asistencia social e a posterior Rehabilitación. Servizos e prestacións que constitúen o núcleo da nosa vocación e compromiso cara ás empresas e os seus traballadores.

O que nos distingue como Mutua é o noso empeño en que o esforzo de ofrecer un bo servizo atope a satisfacción entre as empresas asociadas e os seus traballadores. É por esta razón que mutua gallega mantén aquilo que definimos e expresamos abertamente como un estilo propio de xestión e que constitúe o compromiso de toda a organización en dedicar todos os recursos (humanos e económicos) necesarios para garantir unha mellor atención e saúde laboral aos nosos traballadores protexidos buscando as solucións máis eficaces e rendibles para as nosas empresas asociadas.




Central administrativa

Rede de centros propios

Rede de centros concertados

Axencias no extranxeir

Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.