mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  • Incapacidade Temporal
O subsidio por Incapacidade Temporal pagarase con carga á mutua a partir do día 16 de baixa para os traballadores por conta allea e a partir do 4º día para autónomos e agrícolas por conta propia.
O subsidio pagarase por un prazo máximo de 12 meses, prorrogables por 6 meses máis durante os cales a empresa ten a obriga de cotizar.
Para ter dereito á prestación, no caso de baixa por Enfermidade Común, é necesario ter cotizados 180 días nos últimos 5 anos á data da baixa. Non é así cando a baixa se refire a un Accidente non Laboral.
  • Réxime Xeral
O subsidio será o 60 % (do 16º ao 20ª día) da base reguladora tanto para Enfermidade Común como para Accidente non Laboral e do 75 % (a partir do 21º día) . O pagamento da prestación farase por parte da mutua directamente. A solicitude de Pagamento Directo debe presentala, achegando a documentación requirida, en mutua gallega. mutua gallega.
  • Réxime Autónomos e Agrarios por Conta Propia
Para ter dereito á Prestación por Incapacidade Temporal, ademais de ter acreditados os 180 días, deben estar ao corrente os pagamentos coa Seguridade Social.
O subsidio será o 60% (do 4º ao 20º día) da base reguladora tanto para Enfermidade Común como Accidente non Laboral e do 75% (a partir do 21º día). O pagamento da prestación será efectuado pola mutua directamente e para que este se poida realizar deberá presentar:
 
  • Parte de baixa médica
  • Fotocopia do DNI
  • Solicitude de Pagamento Directo
  • Recibos de cotización dos 6 meses anteriores á data da baixa
  • Declaración de Situación de Actividade
 
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.