| |
 |
| |
|
- Por Enfermidade común e accidente non laboral
|
Para ter a dereito á Prestación por Incapacidade Temporal, ademais de ter acreditados os 180 día, deben estar ao corrente dos pagamentos coa Seguridade Social.
|
O subsidio será o 60 % (do 4º ao 20ª día) da base reguladora tanto para Enfermidade Común como para Accidente non Laboral e do 75 % (a partir do 21º día). O pagamento da prestación será realizado pola mutua directamente. Para poder facer o pagamento da prestación debe presentar :
|
- Parte de baixa médica
- Fotocopia do DNI
- Solicitude de Pagamento Directo
- Recibos de cotización dos 6 meses anteriores á data de baixa
- Declaración de Situación de Actividade
|
- Por Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional
|
| |
Para ter dereito á prestación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, debe cubrir a enfermidade común e accidente non laboral coa mutua.
|
O subsidio por Incapacidade Temporal será do 75 % da base reguladora a partir do día seguinte á baixa médica.
|
mutua gallega encargarase integramente dos gastos que sexan necesarios para unha completa recuperación: hospitalizacións, intervencións cirúrxicas, medicamentos, visitas a especialistas. |
Se despois da alta médica o accidente ou enfermidade profesional ocasionan lesións irreversibles, mutua gallega indemnizará cun tanto alzado ou farase a cargo da pensión vitalicia. Esta cuantía variará tendo en conta a base reguladora e a incapacidade do accidentado. |
| |
No suposto de falecemento os fillos beneficiaranse dunha indemnización a tanto alzado ou unha pensión. |
| |
|
 |
|
| mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados. |