mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

As prestacións que mutua gallega atenderá, producido o accidente ou a enfermidade, veñen reguladas no Texto Refundido da Lei de Seguridade Social (B.O.E. de 29/06/94) e na normativa que o desenvolva.

  • Incapacidade Temporal
 

Cando se xera un parte de baixa dá lugar ao inicio dun proceso de Incapacidade Temporal, o cal durará ata que o accidentado sexa dado de alta.

O traballador recibirá, ao día seguinte da baixa laboral e ata que sexa dado de alta, un subsidio equivalente ao 75% da súa base reguladora (dependendo do réxime ao que pertenza o traballador). O subsidio o día da baixa será a cargo da empresa.

A duración máxima do subsidio será de 12 meses, prorrogables a outros 6 cando se presuma que nese tempo o traballador poida ser dado de alta.

Unha vez concluído o período máximo de Incapacidade Temporal (18 meses), examinarase, no prazo de tres meses, o estado do accidentado para a súa calificación como incapacidade permanente. A empresa ten a obriga de cotizar os 18 meses.

No caso dos traballadores do Réxime Xeral, a empresa debe pagar o subsidio con cargo á mutua. No caso de traballadores do Réxime Agrario é a mutua a que lle pagará ao traballador.

 
 
  • Incapacidade Permanente
 

Esta é a situación na que o traballador, logo de estar sometido a tratamento médico e dado de alta medicamente, presenta algunha redución funcional que diminúe ou anula a súa capacidade laboral. Dá lugar a distintos graos:

  • 1. Incapacidade Permanente Parcial (IPP)
  • 2. Incapacidade Permanente Total (IPT)
  • 3. Incapacidade Permanente Absoluta (IPA)
  • 4. Gran Invalidez
 
1. Incapacidade Permanente Parcial (IPP)
 

É aquela que, sen acadar o grao de total, lle ocasiona ao traballador unha diminución do 33% no seu rendemento normal para a súa profesión habitual, sen impedirlle a realización das súas tarefas fundamentais.

 
A indemnización é un único pagamento de 24 mensualidades da súa base reguladora.
 
 
2. Incapacidade Permanente Total (IPT)
 

É aquela que inhabilita ao traballador para a realización de todas ou, alomenos, das tarefas fundamentais da súa profesión habitual, sempre que lle permitan dedicarse a outra distinta.

 
Correspóndelle unha pensión vitalicia ao 55 % da súa base reguladora anual ou o 75 % da dita base se o traballador supera os 55 anos de idade e non traballa.
 
 
3. Incapacidade Permanente Absoluta (IPA)
 
É aquela que inhabilita ao traballador para a realización de calquera profesión ou oficio.
 
Correspóndelle unha pensión vitalicia ao 100 % da súa base reguladora anual.
 
 
4. Gran Invalidez (GI)
 
Entenderase por Grande Invalidez a situación do traballador afecto de incapacidade permanente e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.
 
Se o traballador fose cualificado de grande inválido, terá dereito a unha pensión vitalicia segundo o establecido nos apartados anteriores, incrementándose a súa contía cun complemento, destinado a que o inválido poida remunerar a persoa que o atenda. O importe do devandito complemento será equivalente ao resultado de sumar o 45 % da base mínima de cotización vixente no momento do feito causante e o 30 % da última base de cotización do traballador correspondente á continxencia da que derive a situación de incapacidade permanente. En ningún caso o complemento sinalado poderá ter un importe inferior ao 45% da pensión percibida, sen o complemento, polo traballador.
 
 
  • Lesións permanentes non invalidantes
 
Son aquelas lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, que non repercuten sobre a capacidade laboral do traballador, pero supoñen unha diminución ou alteración da súa integridade física.
 
Indemnízanse unha soa vez coas cantidades económicas determinadas no Baremo de Lesións Permanentes non Invalidantes.
 
 
  • Falecemento
 

Cando se produza o falecemento dun traballador por accidente de traballo ou, se é o caso de desaparecidos, unha vez que transcorran 90 días desde a súa desaparición sen ter noticias del, pode orixinarse o dereito a algunha das seguintes prestacións:

  • 1 .Prestacións por viuvez
  • 2 .Prestacións de orfandade
  • 3. Prestacións a favor de familiares
  • 4. Auxilio por defunción
 
 
1. Prestacións por viuvez
 

Cando, ocorrido o falecemento, sobreviva o cónxuxe, este terá dereito a percibir unha pensión vitalicia de viuvez equivalente ao 46% da base reguladora do falecido. Se a pensión constituíse a principal e única fonte de ingresos, e o pensionista teña cargas familiares (fillos menores de 26 anos ou maiores incapacitados), a porcentaxe será do 70%.

 
Ademais corresponderalle unha prestación por unha soa vez de 6 mensualidades da devandita base reguladora.
 
O único requisito para ter dereito a estas prestacións será a existencia de vínculo matrimonial. Nos casos de divorcio, se o cónxuxe sobrevivente non volveu a contraer matrimonio, corresponderanlle estas prestacións en proporción ao tempo de convivencia matrimonial.
 
 
2. Prestacións por orfandade
 
Os fillos dos traballadores, menores de 18 anos, na data do falecemento causante, ou maiores incapacitados (incapacidade absoluta ou gran invalidez), teñen dereito a percibir unha pensión do 20% da base reguladora do falecido ata cumprir a devandita idade, ou ata os 22 ou 24 anos.
 
As sumas das pensións de viuvez e orfandade non poden superar o 100% da base reguladora do causante.
 
O fillo do causante poderá ser beneficiario da pensión de orfandade, sempre que ao falecer o causante sexa menor de 22 anos, ou de 24 se é orfo de pai e nai, e non perciba rendas de traballo por un importe superior ao 75% do Salario Mínimo Interprofesional no cómputo anual.
 
Corresponderalles unha prestación, por unha soa vez, de 1 mensualidade da citada base, aos fillos aos que se lles recoñeza a pensión de orfandade.
 
 
3. Prestacións a favor de familiares
 
Baixo determinadas circunstancias, relativas a convivencia, dependencia económica e falta de medios de subsistencia e de familiares coa obriga e posibilidade de prestar alimentos, os pais, avós, netos, irmáns, fillos (que non cumpran os requisitos anteriores) dos falecidos poden ter dereito a prestacións aconómicas que se aboarán en forma de pensión vitalicia, indemnización a tanto alzado ou subsidio temporal.
 
 
3. Auxilio por defunción
 
Os familiares que pagaron os gastos do enterro, terán dereito a unha indemnización segundo a Lei Xeral da Seguridade Social.
 
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.