mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A colaboración de empresas e entidades asociadas na xestión de mutua gallega, divídese nos seguintes órganos de goberno:

XUNTA XERAL DE ASOCIADOS: É o órgano superior de representación e goberno da Mutua, composto por todos os asociados. Estas poden ser Ordinarias e Extraordinarias. As primeiras celebraranse unha vez ao ano; as segundas sempre que sexan necesarias e por convocatoria especial.

XUNTA DIRECTIVA: É o órgano encargado de dirixir a xestión e administración da Mutua. Celebra, como mínimo, catros reunións ao ano, para recibir información sobre datos contables, administrativos, financeiros, estatísticos e técnicos, así como decidir sobre os asuntos, que, pola súa importancia, sexan sometidos á súa consideración por calquera membro da Xunta.Compoñentes da Xunta directiva

COMISIÓN DE PRESTACIÓNS ESPECIAIS: Ten ao seu cargo a administración do fondo de Asistencia Social para a concesión de axudas aos traballadores ao servizo das empresas asociadas. Está constituída por tres representantes dos empresarios asociados e tres representantes dos traballadores empregados por aqueles. Presídea o Presidente da Xunta Directiva e actuará como Secretario o Director - Xerente.

COMISIÓN DE CONTROL E SEGUIMENTO: Como órgano de participación institucional no control e seguimento das Mutuas de Accidentes de Traballo, o Ministerio de Traballo e Seguridade Social creou estas Comisións de Control e Seguimento no seo de cada Mutua. Esta comisión, que é paritaria, está composta por unha representación dos traballadores protexidos e outra dos empresarios asociados, o seu presidente é o mesmo ca o da Mutua. Entre as súas competencias están as de coñecer os criterios de actuación da Mutua, a súa xestión e as propostas de nomeamento do xerente, así como participar na elaboración do anteproxecto de orzamento, informar da memoria anual e propoñer medidas para o mellor cumprimento dos fins da Mutua.


Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.