mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
RÉXIME ESPECIAL DE AUTÓNOMOS
Coa entrada en vigor do novo Estatuto do Traballo Autónomo (Lei 20/2007 do 11 de xullo, BOE do 12), o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais pretende equiparar as prestacións sociais deste colectivo coas que veñen percibindo os traballadores por conta allea.

No campo do mutualismo destaca a obriga dos autónomos economicamente dependentes, así como dos que desenvolvan actividades con alto risco de sinistralidade (1), de cubrir o risco de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Así mesmo, para os traballadores economicamente dependentes recoñece os accidentes "IN ITINERE" como Accidente de Traballo.

Cómpre salientar tamén a obrigatoriedade, a partir do vindeiro 1 de XANEIRO, de (2) todos os traballadores autónomos de concertar a cobertura da prestación económica da Incapacidade Temporal derivada de Continxencia Común e, polo tanto, realizalo cunha Mutua de Accidentes de Traballo (agás os que se incorporen ao Sistema Especial para traballadores por conta propia agraria, para os que a cobertura da prestación económica de IT derivada de Continxencia Común segue sendo voluntaria).

Por outro lado, a partir do vindeiro 1 de XANEIRO, procederase á integración dos traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, sen prexuízo das especialidades que se deriven da creación dun Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrario, dentro do RETA.

Por todo isto, mutua gallega co fin de dar cumprimento ás novas disposicións que afectan ao colectivo de traballadores que Vd. asesora, ofrécese a informalo persoalmente e axudarlle a verificar os que teñen as devanditas prestacións coa nosa Entidade e, aqueles que aínda que non estean, si nola solicita, remitiremos a correspondente documentación para o cambio.

Aproveitamos para recordarlle que, destes traballadores, mutua gallega faralles efectivos os gastos de administración concertada nas porcentaxes legalmente establecidos.

Por último, agradecerlle a confianza depositada na nosa Entidade, ao tempo que lle achegamos unhas notas que creemos poden servir de ampliación a esta circular.

Atentamente,
Departamento de Afiliación

mutua gallega

(1) Pendente de desenvolvemento regulamentario este último colectivo
(2) Sempre que non teñan dereito á devandita prestación en razón da actividade realizada noutro Réxime da Seguridade Social ( DA terceira Lei 20/2007, do 11 de xullo )

 

ESTATUTO DO TRABALLADOR AUTÓNOMO

PRINCIPAIS NOVIDADES

* A cobertura da Incapacidade Temporal será obrigatoria para todos os traballadores afiliados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), agás que non teñan dereito á devandita prestación en razón da actividade realizada noutro Réxime da Seguridade Social ( DA terceira Lei 20/2007, do 11 de xullo ). Para os traballadores que se incorporen ao Sistema Especial para traballadores por conta propia Agraria (dentro do RETA) a cobertura da prestación económica de IT, tanto por Continxencia Común, como derivada de Continxencias Profesionais, segue a ser voluntaria.

* A cobertura das continxencias profesionais (I.T./E.P.) será obrigatoria para os traballadores autónomos dependentes e para os que desenvolvan actividades profesionais que presentan un maior risco de sinestralidade; (haberá que esperar ao desenvolvemento regulamentario para que se determinen cales son estas actividades profesionais)
* Inclusión do accidente "In Itínere" nos traballadores autónomos economicamente dependentes.


* Cotización:

.
- Poderán establecerse bases diferenciadas para os autónomos dependentes.
.- Poderán establecerse reducións e/ou bonificacións das cotas a determinados colectivos.
.- Reducións e bonificacións en relación cos que en función doutra actividade realizada coticen, sumando as bases de cotización, por encima da base máxima do Réxime Xeral; as persoas con discapacidade; as dedicadas á venda ambulante ou á venda a domicilio; actividades artesanais ou artísticas; as que se determinen legal ou regulamentariamente.


* Acción protectora:

.
- Asistencia sanitaria por maternidade, enfermidade común ou profesional e accidente laboral ou non laboral
.- Subsidio de Incapacidade Temporal
.- Incapacidade Permanente
.- Prestación de risco durante o embarazo e a lactación
.- Xubilación
.- Morte e supervivencia
.- Prestacións familiares por fillo a cargo


* Cobertura obrigatoria:

.-
Os traballadores autónomos economicamente dependentes han de suscribir, obrigatoriamente, cobertura por continxencias profesionais.
.- Os traballadores autónomos que regulamentariamente se determine, por exercer actividades profesionais con maior risco de sinestralidade, tamén deberán subscribir cobertura das continxencias profesionais.


* Cobertura voluntaria:

.
- Os traballadores autónomos poden acollerse, voluntariamente, á cobertura de continxencias profesionais ( estenderase ata a data de finalización do prazo trianual de renovación da prestación económica de IT).
.- De acollerse á devandita prestación, obrigatoriamente, o deberán realizar coa mesma Mutua na que estean adheridos para a cobertura da I.T por continxencias comúns.
- Para os traballadores integrados no Sistema Especial de Traballadores Agrarios por Conta Propia a cobertura da prestación económica de IT por Continxencias Comúns e Profesionais segue a ser voluntaria.

* Cobertura con cargo a mutua gallega I.T./C.Comúns:

.-
mutua gallega aboará a prestación.
.- mutua gallega efectuará recoñecementos médicos a pacientes en situación de I.T. para verificar o estado de saúde remitindo a correspondente proposta (Alta e/ou Incapacidade) aos Servizos Médicos da Inspección Sanitaria.
.- mutua gallega anticipará a pacientes en lista de espera, previo consentimento, probas diagnósticas, intervencións cirúrxicas, tratamento rehabilitador, etc.
.- A asistencia sanitaria será dispensada polo Servizo Público de Saúde.


* Requisitos para causar dereito á percepción do subsidio de I.T. por C. Comúns:

.-
Estar afiliado e en situación de alta
.- Estar ao corrente nas cotizacións á S. Social
.- Presentación da declaración de situación de actividade nos 15 días seguintes á data de baixa.
.- Acreditar un período de carencia de 180 días nos últimos 5 anos inmediatamente anteriores ao feito causante (en accidente non laboral non se precisa período de carencia).


* Prestación económica:

.
- O dereito ao subsidio de I.T. por continxencia profesional nace ao día seguinte á data da baixa médica.
.- Contía da prestación:
. Do día seguinte ata a alta médica: 75% da Base Reguladora.
- O dereito ao subsidio de I.T por continxencia común nace a partir do 4º día da baixa médica.
.- Contía da prestación:

. Do 4º ao 20º día: 60% da Base Reguladora.
. Do 21º día en diante: 75% da Base Reguladora.


* Cobertura continxencias profesionais:

.-
mutua gallega emitirá os certificados médicos de baixa e de alta.
.- mutua gallega dispensará a asistencia médico, farmacéutica, rehabilitadora necesaria.
.- mutua gallega será competente para declarar/recoñecer, denegar, anular, suspender e/ou extinguir o dereito ao subsidio.
.- mutua gallega remitirá á Unidade de Valoración de Incapacidades os expedientes daqueles traballadores que, como consecuencia de accidente laboral, poidan ser merecedores de indemnización a tanto alzado ou resulten incapacitados nalgún grao.


* Requisitos para acceder á prestación por C. Profesionais:

.
- Estar afiliado e en situación de alta
.- Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social no momento do feito causante.
.- Non se esixe período de carencia.

* Prestación económica:

.- O dereito ao subsidio de I.T. por continxencia profesional nace ao día seguinte á data da baixa médica.
.- Contía da prestación:
.Do día siguiente ata a alta médica: 75% da Base Reguladora.


* Outras Prestacións:

.- Gastos farmacéuticos, previa presentación da prescrición facultativa.
.- Gastos de traslado, en función da prescrición facultativa.
.- Indemnizacións por secuelas: Baremo, I.P. Parcial, I.Permanente Total, Gran Invalidez, Morte e Supervivencia.
.- Prestacións económicas por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación natural.


* Cotización por continxencias profesionais:

.- Aplicarase o epígrafe correspondente á actividade realizada polo autónomo conforme ao CNAE.
.- Se o autónomo realiza máis dunha actividade e a cada unha delas lle corresponde un CNAE diferente de AT, o aplicable será aquel CNAE que cubra a actividade de maior risco, (sempre que o autónomo queira cubrir as continxencias profesionais de ambas actividades).

Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.