| mutua gallega |
|
 |
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
| |
R.D. 39/97 Regulamento dos Servizos de Prevención.
Artigo 37: Funcións de nivel superior
|
|
|
As funcións correspondentes ao nivel superior son as seguintes: |
-
As funcións sinaladas no apartado 1 do artigo anterior, a excepción da indicada na letra h).
-
A realización daquelas avaliacións de riscos cuxo desenvolvemento esixa: o establecemento dunha estratexia de medición para asegurar que os resultados obtidos caracterizan efectivamente a situación que se valora, ou unha interpretación ou aplicación non mecánica dos criterios de avaliación.
-
A formación e información de carácter xeral, a todos os niveis, e nas materias propias da súa área de especialización.
-
A planificación da acción preventiva que hai que desenvolver nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de actividades diferentes, que implican a intervención de distintos especialistas.
-
A vixilancia e control da saúde dos traballadores nos termos sinalados no apartado 3 deste artigo.
Para desempeñar as funcións relacionadas no apartado anterior será preciso contar cunha titulación universitaria e posuír unha formación mínima co contido especificado no programa a que se refire o Anexo VI e cuxo desenvolvemento terá unha duración non inferior a 600 horas e unha distribución horaria axeitada a cada proxecto formativo, respectando a establecida no devandito anexo.
-
As funcións de vixilancia e control da saúde dos traballadores sinaladas na letra e) do apartado 1., serán desempeñadas por persoal sanitario con competencia técnica, formación e capacidade acreditada segundo a normativa vixente e ao establecido nos parágrafos seguintes:
- Os servizos de prevención que desenvolven funcións de vixilancia e control da saúde dos traballadores deberán contar cun médico especialista en Medicina do Traballo ou diplomado en Medicina de Empresa e un ATS/DUE de empresa, sen prexuízo da participación doutros profesionais sanitarios con competencia técnica, formación e capacidade acreditada.
- En materia de vixilancia da saúde, a actividade sanitaria deberá abranguer, nas condicións fixadas polo artigo 22 da Lei 31/95, de Prevención de Riscos Laborais:
- Unha avaliación da saúde dos traballadores incial logo da incorporación ao traballo ou da asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde.
- Unha avaliación da súde dos traballadores que reinicien o traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde, coa finalidade de descubrir as súas eventuais orixes profesionais e recomendar unha acción axeitada para protexer aos traballadores.
- Unha vixilancia da saúde a intervalos periódicos.
- A vixilancia da saúde estará sometida a protocolos específicos ou outros medios existentes con respecto aos factores de risco aos que está exposto o traballador. O Ministerio de Sanidade e Consumo e as Comunidades Autónomas, oídas as sociedades científicas competentes, e de acordo co establecido na Lei Xeral de Sanidade en materia de participación dos axentes sociais, establecerán a periodicidade e contidos específicos de cada caso.
- Os exames de saúde incluirán, en todo caso, unha historia clínico-laboral, na que ademais dos datos de anamnese, exploración clínica e control biolóxico e estudos complementarios en función dos riscos inherentes ao traballo, farase constar unha descrición polo miúdo do posto de traballo, o tempo de permanencia nel, os riscos detectados na análise das condicións de traballo, e as medidas de prevención adoptadas. Deberá constar así mesmo, en caso de dispor dela, unha descripción dos anteriores postos de traballo, riscos presentes neles, e tempo de permanencia para cada un deles.
- O persoal sanitario do servizo de prevención deberá coñecer as enfermidades que se produzan entre os traballadores e as ausencias do traballo por motivos de saúde, para poder identificar calquera relación entre a causa de enfermidade ou a ausencia e os riscos para a saúde que se poidan presentar nos lugares de traballo.
- Nos supostos en que a natureza dos riscos inherentes ao traballo o faga necesario, o dereito dos traballadores á vixilancia periódica do seu estado de saúde deberá ser alongado máis alá do remate da relación laboral a través do Sistema Nacional de Saúde.
- O persoal sanitario do servizo deberá analizar os resultados da vixilancia da saúde dos traballadores e da avaliación dos riscos, con criterios epidemiolóxicos e colaborará co resto dos compoñentes do servizo, co fin de investigar e analizar as posibles relacións entre a exposición aos riscos profesionais e os prexuízos para a saúde e propoñer medidas encamiñadas a mellorar as condicións e medio ambiente de traballo.
- O persoal sanitario do servizo de prevención estudará e valorará, especialmente, os riscos que poidan afectar ás traballadoras en situación de embarazo ou de parto recente, aos menores e aos traballadores especialmente sensibles a determinados riscos e proporá as medidas preventivas axeitadas.
- O persoal sanitario do servizo de prevención que, se é o caso, exista no centro de traballo deberá proporcionar os primeiros auxilios e a atención de urxencia aos traballadores vítimas de accidentes ou alteracións no lugar de traballo.
|
| |
|
 |
|
| mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados. |
|
|