|
Para levar a cabo a acción preventiva, a normativa de Prevención de Riscos Laborais establece distintas modalidades, con recursos propios ou alleos, a fin de garantir a seguridade e saúde dos traballadores en función do tamaño e actividade da empresa. O empresario deberá optar por unha das seguintes modalidades ( Art. 10 R.D. 39/97 ):
- Asumir persoalmente esta actividade ( Art. 11 R.D. 39/97 )
Opción válida en empresas de menos de seis traballadores e que non pertencen ao Anexo1 do Regulamento dos Servizos de Prevención (actividades de risco elevado).
- Designar a un ou varios traballadores ( A rt. 12 e Art. 13 R.D. 39/97)
Disporán da formación en materia de prevención ( Nivel Básico , Nivel Intermedio ou Nivel Superior ) en función da actividade e das esixencias preventivas da empresa
- Constituír un servizo de prevención propio ( Art. 14 e Art. 15 R.D. 39/97)
Cando o cadro de persoal supere os 500 traballadores esta opción será obrigatoria (250 en caso de empresas de actividades pertencentes ao Anexo1 )
- Concertar un Servizo de Prevención Alleo ( Art. 16 R.D. 39/97 )
Concertaranse aquelas disciplinas non asumidas mediante as opcións anteriores e realizarase cunha entidade acreditada pola autoridade competente.
|