mutua gallega

  |
Inicio

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A disposición adicional 11ª do R.D. 1/94 así como o R.D. 1993/95, do 7 de decembro, e posteriormente, o art.78 da Lei 13/1996, regulan as condicións para o exercicio destas competencias, facultando ás mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais para colaborar na xestión da Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Comúns.

Este apartado non lle supón ao empresario ningún custo adicional para a súa empresa.
Os partes de baixa médica, confirmación, alta médica e a prestación de asistencia sanitaria son a cargo da mutua.

Os servizos médicos de mutua gallega poderán, en calquera momento, recoñecer aos beneficiarios (coa obriga de que estes acudan a tales recoñecementos), acceder aos informes e diagnósticos dos servizos públicos de saúde e formular propostas de alta médica cando consideren que o traballador non estea impedido para realizar o seu traballo.

Nos termos que establezan os acordos e convenios subscritos entre mutua gallega e os servizos públicos de saúde, a mutua poderalles realizar probas diagnósticas e tratamentos médico e cirúrxicos aos beneficiarios.
 
   
Usuarios rexistrados
Contacta con nos
Declaración Electrónica de Traballadores Accidentados
mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados.