As mutuas son asociacións de empresarios que se constitúen co obxecto de colaborar na xestión das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal ao seu servizo, sen ánimo de lucro e coa responsabilidade mancomunada dos seus membros.
Poderán asumir a cobertura da prestación económica por Incapacidade Temporal derivada de Continxencias Comúns así como o subsidio por Incapacidade Temporal dos Traballadores por Conta Propia Autónomos e do Réxime Especial Agrario.
|