| mutua gallega |
|
 |
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
 |
| |
|
|
mutua gallega, recomenda en caso de accidente, adoptar as seguintes recomendacións: |
Acuda a un Centro Asistencial de mutua gallega para recibir tratamento. Deste xeito, probablemente, evitará molestias e demoras na asistencia sanitaria.
|
En caso de urxencia ou se o accidente se produce fóra dos horarios dos nosos Centros Asistenciais (xeralmente de 8 a 20 horas, sen interrupción), acuda ao centro sanitario máis próximo, ainda que non pertenza a mutua gallega, e contacte ca nosa oficina máis próxima ao centro de trabajo onde produxose o accidente. Allí lle asesorarán sobre a actuación da empresa dende ese momento.
|
Se o ferido non se pode expresar por si mesmo procure que acuda acompañado por outra persoa que poida informar aos servizos médicos sobre
- Apelidos e Nome do accidentado, DNI e domicilio
- Nome da empresa e domicilio
- Forma de producirse o accidente, lugar e hora de ocorrencia, etc.
Se o ferido acode consciente procure que o faga documentado (DNI) e que leve o volante de asistencia, debidamente cuberto. En todo caso, é conveniente que facilite o nome exacto da empresa para a que presta os seus servizos. |
|
| |
Unha vez prestada a asistencia sanitaria de urxencia, pode encontrase nunha destas dúas situacións:
|
| |
- O traballador non causa baixa:
|
| |
Esta situación supón que o accidentado se pode reincorporar ao traballo sen faltar nin un só día a el, excluído o do accidente, o que non dá dereito a prestación económica da Mutua.
Cando a asistencia se preste nun centro de mutua gallega, o servizo médico facilitaralle o "Certificado Médico de Asistencia Sen Baixa Laboral", para que o accidentado o entregue na empresa a fin de xustificar a asistencia recibida.
As empresas, mensualmente, deben cubrir unha "Relación de Accidentes de Traballo ocorridos sen baixa médica". Esta relación debe tramitarse a través do Sistema Delt@, dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ao do accidente (ORDE TAS 2626/2002). |
| |
|
| |
- O traballador causa baixa:
|
| |
Cando despois do accidente o lesionado non pode acudir ao seu traballo alomenos durante un día (sen contar o do accidente), o facultativo determinará o seu pase á situación de BAIXA LABORAL. Os servizos médicos de mutua gallega entregaranlle ao accidentado un escrito no que se lle comunica á empresa que o traballador pode causar baixa laboral por accidente de traballo, no suposto de que as lesións se producisen como consecuencia dun accidente laboral. Se o accidentado acode a un Centro Asistencial de mutua gallega, co "volante de solicitude de asistencia", os servizos médicos facilitaranlle dous exemplares do parte médico de baixa, un deles quedará no poder do accidentado e o segundo deberase entregar na empresa para acreditar a situación de baixa laboral.
Unha vez recibido o parte médico de baixa, a empresa debe confirmar que as lesións son debidas a un accidente de traballo ou gardan relación coa súa actividade laboral.
No suposto de que sexa laboral a tramitación varía segundo se considere Accidente de Traballo ou enfermidade Profesional. No primeiro suposto cubrirase e tramitarase a través do Sistema Delt@. No segundo suposto debe cubrirse o parte de enfermidade e presentalo en formato papel. A notificación de ambos debe realizarse nos cinco días hábiles seguintes á data do accidente ou á da baixa. |
| |
- Situacións especiais: Accidente grave, accidente moi grave, accidente múltiple ou falecemento.
|
| |
Nestes casos, a empresa, ademais de cubrir os Partes de Accidente debe comunicarlle á autoridade laboral da provincia onde aconteceu o accidente, nun prazo de 24 horas, por telegrama, fax ou outro medio de comunicación, agás os acontecidos ao ir ou volver do traballo. Na comunicación debe constar:
- A razón social, domicilio e teléfono da empresa
- Nome/s do/os accidentado/s
- Enderezo completo do lugar do accidente
- Breve descrición do accidente
|
| |
|
 |
|
| mutua gallega 2010. Todos os dereitos reservados. |
|
|