O empresario deberá recorrer a un ou varios servizos de prevención alleos, que colaborarán entre si cando sexa necesario, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
Que a designación dun ou varios traballadores sexa insuficiente para a realización da actividade de prevención e non concorran as circunstancias que determinan a obriga de constituír un servizo de prevención propio.
Que no suposto ao que se refire a letra c) do Artigo 14 non se optase pola constitución dun servizo de prevención propio.
Que se producise unha asunción parcial da actividade preventiva nos termos previstos no apartado 2 do Artigo 11 e no apartado 4 do Artigo 15 da presente disposición.
De conformidade co disposto no apartado 1 do Artigo 33 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, os representantes dos traballadores deberán ser consultados polo empresario con carácter previo á adopción da decisión de concertar a actividade preventiva con un ou varios servizos de prevención alleos.
|