Está vostede en:A nosa Mutua / Contacta connosco / Liña Asistencial 24H.

Liña Asistencial 24H.

En caso de urxencia médica por accidente de traballo, en Mutua Gallega aténdemolo de forma inmediata, a calquera hora do día e os 365 días do ano, a través da Liña Asistencial 24h, co número telefónico gratuíto 900 825 525. Este servizo telefónico dispón dun Call Center Medicalizado, cun equipo de profesionais sanitarios que atende e xestiona as urxencias médicas por accidente de traballo e enfermidade profesional, tanto en España como no estranxeiro.

Así, todo traballador protexido por Mutua Gallega que teña un accidente laboral pode solicitar asistencia médica na Liña Asistencial 24h. Un profesional médico, tras obter os datos do que aconteceu e comprobar cal é o estado do paciente, valorará a gravidade da lesión, os servizos médicos que poida precisar e indicaralle o hospital ou centro asistencial máis próximo ao que pode acudir, así como o medio de transporte máis axeitado para trasladar o accidentado.
Se o accidente laboral ten lugar no estranxeiro, o persoal médico dará as pautas necesarias para a asistencia médica e a repatriación do accidentado, se fora necesario. Para solicitar asistencia dende o estranxeiro deberá contactar a través do número (0034) 881 91 74 70.

 

Ademáis, este número facilita Información para empresas e traballadores que se despracen ao estranxeiro (aquí). As empresas ou traballadores que se vaian desprazar ao estranxiero poden consultar os trámites e xestións previas necesarias que deben realizar, tanto a empresa como o traballador, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social. O 900 825 525 tamén proporciona información relativa á rede de centros asistenciais e administrativos de todas as mutuas que formamos Corporación Mutua, xa que os traballadores protexidos por cada unha das mutuas poden acudir indistintamente a cualquera dos centros da Corporación, en función da súa proximidade ou necesidade. A través deste servizo telefónico as empresas mutualistas e os seus traballadores poden comunicar posibles queixas ou suxestións relacionadas cos servizos prestados por cualquera das entidades que integran Corporación Mutua.

- Información para empresas e traballadores que se despracen ao estranxeiro.

- Folleto Liña Asistencial 24h (Pdf).


Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK